Obradoiros Biodiversidade
Por que é importante a conservación da biodiversidade?
A biodiversidade abarca a enorme variedade de formas mediante as que se organiza a vida. Inclúe todas e cada unha das especies que cohabitan connosco no planeta, os espazos ou ecosistemas dos que forman parte e os xenes que compoñen a cada especie, e dentro delas, a cada individuo, diferente do resto.
Dende un punto de vista máis antropocéntrico, a biodiversidade é imprescindible na nosa vida pois:
👁️ Abastécenos de alimentos, medicamentos, materias primas/recursos e enerxía para asegurar a nosa propia supervivencia.
👁️ Garántenos servizos ecosistémicos dos que non poderiamos prescindir: regulación da calidade do aire e do clima, a purificación das augas, o control da erosión e dos desastres naturais, e a polinización, entre outros.
Máis aló desta visión de supervivencia, a biodiversidade ten un valor incalculable, sendo un dos grandes tesouros que nos ofrece a vida neste planeta Terra. Nesta serie de obradoiros, adentrarémonos no mundo infinito da biodiversidade, coñecendo mellor a natureza que nos rodea para, entre todas, protexela.
Gustaríache participar en algún? Podes expresarte a través do correo: cooperativa@somosterra.gal
Máis información na nosa web: https://somosterra.gal/obradoiros/
Consultas generales
Aún no hay consultas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.