Obradoiros Consumo Consciente
A natureza estanos pedindo un cambio real. Non podemos continuar consumindo aquilo que lle causa dor á nosa terra e así como a tantas persoas. Dende o que comemos ata o que vestimos, escoitamos e compartimos podemos marcar unha enorme diferenza. Todo aquilo que provén da crueldade, xa sexa contra os animais, os seres humanos ou a natureza debe parar. Nós podemos e debemos deixar de consumir este tipo de produto.
Como persoas consumidoras temos un gran poder nas nosas mans, podemos decidir a quen dar os nosos cartos e a quen non darllos. Cando apostamos por este consumo consciente buscamos produtos sans e orgánicos, que xeren os mínimos refugallos posibles, que protexan a biodiversidade, que empreguen materiais saudables e de baixo impacto, etc.
Esta é a temática central deste grupo de obradoiros, nos que aprenderemos a consumir de forma máis sostible e máis consciente. Se queres coñecer a dispoñibilidade de datas podes directamente con nós en: cooperativa@somosterra.gal
Podes consultar o resto de obradoiros en: https://somosterra.gal/obradoiros/
Consultas generales
Aún no hay consultas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.