Obradoiros Economía Circular
Que entendemos por “economía circular” ?
A economía circular plantea un cambio de paradigma ante o modelo lineal de produción. En troques de producir residuos (usar e tirar) prioriza a reparación, reutilización, etc., facendo que os residuos non cheguen a ser residuos, senón que poidan continuar sendo recursos. A economía circular, polo tanto, defende a eficiencia no uso dos recursos, reducindo o consumo de materias primas, fomenta a creación de novas ideas e negocios, é unha gran fonte de innovación e crea valor local, xa que convirte o que para algúns son residuos… en recursos para outros, buscando a cooperación dos diferentes sectores.
Interesante? Pois nesta serie de obradoiros levamos a economía circular á práctica, baseándonos na creatividade e na eficiencia.
Coma sempre, se algún obradoiro cadra coa túa área de interese, podes expresarte no correo: cooperativa@somosterra.gal
Consultas generales
Aún no hay consultas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.